Tuesday 16 de April de 2024

O Concello de Miño destinará preto de 100.000 euros a financiar os convenios para o desenvolvemento do transporte metropolitano


Miño é o único municipio que debe participar en senllos convenios para as áreas da Coruña
e Ferrol
O Concello de Miño levará ao pleno do próximo 11 de novembro unha proposta para aprobar un investimento total de 91.809,08 euros en forma de senllos convenios de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia nas áreas da Coruña e Ferrol.
Miño é o único municipio que ten que participar en ambas as áreas. No caso da da Coruña destinaranse das arcas municipais 63.428,48 euros en catro anualidades e, para o convenio da área de Ferrol, serán 28.380,6 euros o que corresponde á tesourería municipal.
Na sesión plenaria tamén se informará da proposta para desistir de participar no procedemento para a constitución dunha agrupación voluntaria cos Concellos de Bergondo, Abegondo, Carral e Miño para o mantemento en común do posto de Tesourería debido a que, durante o transcurso do proceso, adxudicouse o posto de Tesourería do Concello de Miño a unha habilitada nacional.